Mala sorte
E por primeira vez desde que souben
que aínda respiraba e seguía vivo
sei o que é sentir medo a non estaloInterrompido na mellor escea
cando estaba soñando un soño dérmico
de paixón e beleza
cunha serea distancia literaria e sabiaSó ela podía ser tan inoportuna
groseira inculta e pouco delicada
chamándome despois de ter sobrevivido
á confortable atracción do fracaso
e saber dunha vez o que era a vida
amar e ser amado.
Lois Pereiro. Poeta maldito, (ou algo así..)
No Día das Letras, rebuscando entre papeliños amarelos y grises.


